A presentación de enfermos, é unha actividade iniciada pola Psiquiatría clásica, retomada por Lacan para darlle un lugar prevalente na súa ensinanza, ao afirmar que o psicótico ensina. As presentacións realizanse coa colaboración da Unidade de Hospitalización do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) e da Unidade Docente Multidisciplinar do Servizo de Psiquiatría EOXI de Ourense-Verín- Barco de Valdeorras. As sesións serán dirixidas polos docentes do Seminario do Campo Freudiano, que realizarán as entrevistas.
A asistencia a esta actividade está reservada a:
- lnscritos ao Seminario do CF que teñan práctica clínica, consultando previamente os coordinadores.
- Persoal sanitario dos Servizos de Psiquiatría.
- DATAS:
26 Outubro. A Coruña. Antoni Vicens (Barcelona)
25 Xaneiro. A Coruña. Vilma Coccoz (Madrid)
22 Febreiro. Ourense. Manuel Fdez. Blanco (A Coruña)
22 Marzo. A Coruña. Marta Serra (Barcelona)
3 Maio. Ourense. Araceli Fuentes (Madrid)
- Lugar na Coruña: Salón de Actos do Hospital de Oza, Avda. das Xubias s/n. A Coruña
- Lugar en Ourense: Biblioteca do Hospital de Piñor. Carretera de Barbadás s/n. Piñor-Ourense
- HORARIO: 13 h.
- Coordinadores na Coruña:
- Fernando Iglesias Gil de Bernabé. Psiquiatra. UPIE. Servizo Psiquiatría do CHUAC.
- Manuel Fernández Blanco. Psicólogo clínico. USM Infanto-Xuvenil, H. Teresa Herrera, Servizo Psiquiatría do CHUAC.
- Coordinadores en Ourense:
- Chus Gómez (Psiquiatra Xefa Sección UHR Psiquiátrica Hospital de Piñor)
- Eugenio Castro (Psiquiatra)